Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2024
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou que o concelleiro da Illa Matías González Canón, que foi candidato popular nas eleccións de hai un ano pero foi apartado tras saír á luz pública unha condena anterior (de facía máis dunha década) por violencia machista, "cumpriu a súa pena" e que "as urnas falaron". A número dous do PPdeG pronunciouse deste xeito ao ser preguntada polos medios sobre a decisión do PP da Illa de reintegrar no seu grupo municipal a este edil non adscrito.
Tras soster que "as urnas falaron" nas pasadas eleccións de maio de 2023, nas que a lista encabezada por Canón foi a máis votada, con cinco concelleiros pero sen lograr a maioría, Paula Prado dixo que se trata dunha persoa "que tivo unha condena hai aproximadamente 13 anos".
"Por tanto, neste momento, creo que cumpriu a súa pena", incidiu para sinalar que tamén fixo "un exercicio de responsabilidade e de arrepentimento" polo que respectan a "decisión do partido na Illa".
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, na sede da formación en Santiago de Compostela. PPDEG / Europa Press